InicioSociedade18 mortos en Lugo nos últimos cinco anos por non levar o...

18 mortos en Lugo nos últimos cinco anos por non levar o cinto de seguridade

A DGT recupera un anuncio de 1973 para concienciar nunha nova campaña sobre o uso do cinto de seguridade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección General de Tráfico (DGT) lanza unha nova campaña de divulgación en medios sobre a importancia do uso do cinto de seguridade para a que recupera un anuncio de 1973, nun momento no que os indicadores están a mostrar un menor uso do mesmo.

Así, informouno a Subdelegación do Goberno de Lugo nun comunicado, no que explica que en 2020, con datos de accidentes ocorridos en vías interurbanas a 24 horas, a porcentaxe de falecidos en turismo e furgoneta que non facía uso do devandito dispositivo de seguridade incrementouse do 22% ao 26%.

En concreto, na provincia de Lugo, durante o últimos cinco anos faleceron 18 persoas por esta causa. Un aumento que tamén se puxo de manifesto na última campaña de vixilancia do uso do cinto que a DGT levou a cabo entre o 8 e o 14 de marzo e na que a cifra dos condutores que non o levaban posto aumentou un 7%, respecto ao ano pasado.

Na provincia de Lugo, este ano controláronse case 11.500 vehículos durante a campaña, nos que se detectaron 292 persoas que non facían uso do cinto de seguridade, 58 máis que en 2020, cando se controlaron 1.000 vehículos máis e denunciáronse 234 infraccións, o que supón un alarmante aumento do 20%, destacaron as mesmas fontes.

“O dato é moi preocupante, sobre todo cando a ausencia do hábito de utilizar o cinto, a miúdo en desprazamentos cotiáns ou considerados”, incidiron as mesmas fontes, “sen maior importancia”, acábase traducindo en persoas que resultan feridas de gravidade ou falecidas nun accidente “cuxas consecuencias fosen moito menos tráxicas de usar o cinto”, engaden.

A nova campaña divulgativa poderase escoitar nas distintas emisoras de radio e ver en televisión, dixital e redes sociais (#PareceCosaDelPasado). O seu obxectivo é lembrar que o cinto de seguridade “é o mellor seguro de vida cando se viaxa en coche”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...