Home Lugo e contorna Todas as probas negativas no primeiro día de cribado universitario no Campus Terra

Todas as probas negativas no primeiro día de cribado universitario no Campus Terra

0
Todas as probas negativas no primeiro día de cribado universitario no Campus Terra
Sanitaria realiza unha PCR. JCCM

O cribado para detectar casos de Covid-19 entre asintomáticos no Campus de Lugo arrincou onte. Nesa primeira xornada, na que houbo un 61% de participación, non se detectou ningún positivo.

Así o manifestou o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, quen informou de que “estaban chamados a participar 1.735 alumnos e acudiron  1.054” á Facultade de Veterinaria, lugar onde se realizan as probas de antíxenos.

Este primeiro cribado coincidía co “inicio” da actividade presencial na universidade tras o alivio das restricións. A vicerreitora de Coordinación, Montserrat Valcárcel, agarda que nos vindeiros días a participación sexa máis alta.

+ posts