Home Lugo e contorna Lugo O proxecto para completar a autovía Nadela-Sarria licitarase este ano

O proxecto para completar a autovía Nadela-Sarria licitarase este ano

0
O proxecto para completar a autovía Nadela-Sarria licitarase este ano
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visita as obras do treito A Pobra de San Xiao-Sarria na autovía Nadela-Sarria | XdL

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou este luns as obras para desdobrar en autovía o corredor Nadela-Sarria, concretamente o primeiro tramo, entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro, cuxo investimento supera os 25 millóns de euros e que estará terminado “no outono de 2022”, segundo a previsión avanzada hoxe polo xefe do goberno galego.

Feijóo afirmou que as obras para desdobrar o corredor en autovía “continuarán”, de modo que ao mesmo tempo que se avanza nos traballos do primeiro tramo, que ten unha lonxitude de 11,5 quilómetros, este mesmo ano será licitada a redacción do proxecto para completar o trazado íntegro da futura autovía entre Nadela (Lugo) e Sarria.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here