InicioSociedadeAxentes de Aduanas ratifican que houbo entregas de diñeiro a Liñares aínda...

Axentes de Aduanas ratifican que houbo entregas de diñeiro a Liñares aínda que non as presenciaron

Afirman que a declaración nun bar de Santa Comba na que deu nomes dos empresarios foi "espontánea" e voluntaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A segunda xornada do xuízo no que están acusados o exedil de Lugo e expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, e nove empresarios acolleu o testemuño de varios axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA), que se ratificaron nos seus informes nos que falaban de entregas de diñeiro, aínda que non as presenciaron.

Ademais, esta sesión, na que se renunciou á comparecencia de varios axentes, estivo moi centrada na declaración asinada polo principal procesado no marco dunha cea cos axentes en Santa Comba, de camiño do último rexistro -no seu inmoble de Dumbría (A Coruña) ata os calabozos de Lugo en setembro de 2012.

Na media ducia de testificais que se realizaron, os axentes ratificáronse nos informes emitidos. O primeiro axente en testificar centrouse na existencia dun documento atopado no domicilio habitual de Liñares no que aparecían “iniciais”, que se corresponden segundo os investigadores, coas identidades dos empresarios.

Este funcionario indicou que nese documento atopado había unha sorte de asento contable que empezaba o 1 de maio de 2012 cunha anotación de 424, que entenden que era 424.000 euros, ao que se engadían uns ingresos probables por achegas de 20 ou 15.000 euros e que despois dunhas operacións -xiros a unha empresa de publicidade- o saldo resultante sería 215.000 euros. “Un manuscrito na casa do señor Liñares”, apuntou.

NOS PAPEIS

Liñares negou na súa declaración inicial (este martes) recoñecer a súa letra nos documentos incorporados ao sumario, a preguntas do seu avogado. Nesta sesión do xuízo preguntou a este axente do Servizo de Vixilancia Aduaneira se cotexara ou había algún informe que corroborase que a caligrafía desas anotacións se corresponde coa de Liñares. A esta cuestión indicou que o informe o fixeron outros corpos de seguridade (Policía Xudicial e Garda Civil) e que entendía que se fixeron as comprobacións correspondentes, aínda que non puido afirmalo. Un dos axentes dixo que o propio Liñares o recoñeceu nun contexto informal -o día dos rexistros-, pero que non figuraba na declaración asinada porque non nese momento non o repetiu.

O avogado da defensa do principal acusado -o resto, salvo o letrado que defende ao único empresario que negou as entregas de diñeiro, non fixeron preguntas- preguntou a todos os funcionarios de Aduanas se había conversacións telefónicas nas que se falaba expresamente de pedir diñeiro ou de facer entregas. Os axentes negárono, se ben un deles apuntou que este tipo de conversacións non se adoitan facer desta forma, senón que se pactan doutra maneira, en base á súa experiencia profesional.

Ademais, os funcionarios que participaron na instrución dirixida por Pilar de Lara indicaron que se deducía por outras palabras. Unha das conversacións que foi usada como certificado dela, recollía como un empresario falaba de que había que “levarlle o do mes”.

DECLARACIÓN EN SANTA COMBA

Un dos aspectos máis recorrentes foi a declaración asinada de Liñares ao regreso do último rexistro nun inmoble de Dumbría (A Coruña). Os axentes que estiveron presentes afirmaron que foi o propio acusado o que “espontaneamente” quixo falar no transcurso da cea e que se consultou coa xuíza instrutora se se tomaban notas do que manifestaba.

Esta declaración tivo lugar ás 22,00 horas, despois de nove ou dez horas de rexistros, nun establecemento de hostalaría en Snata Comba (A Coruña). Os axentes explicaron que decidiron parar debido a que era a hora da cea e mesmo un deles referiu que ao chegar aos calabozos de Lugo, o detido non tería comida, polo que entendían que era pertinente.

“Foi el quen dixo que quería facer esas manifestacións e deixámolo por escrito”, afirmou un funcionario da SVA, quen tamén asegurou que o trato foi “amable e correcto”. Ademais, insistiu en que a decisión de parar era por deferencia ao detido: “Non deixamos sen comer a ninguén á hora que hai que comer”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...