InicioSociedadeA alcaldesa de Guitiriz agarda que a fin de semana mellore a...

A alcaldesa de Guitiriz agarda que a fin de semana mellore a situación epidemiolóxica

A incidencia segue moi elevada no municipio, con máis de 2.000 casos por 100.000 habitantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, recoñeceu este venres que o concello “continúa cunha incidencia relativamente alta”, con 121 contaxios nos últimos 14 días, o que se traduce en máis de 2.000 positivos por cada 100.000 habitantes. Neste contexto, a rexedora confía en que “a partir da fin de semana os casos empecen a baixar”.

Segundo explicou, cúmprense xa dúas semanas desde que se detectaron os primeiros contaxios deste gromo, mentres que foi a fin de semana pasada cando “subiu o número de positivos”. Iso si, nos últimos días “parece que deixou de subir” como o facía en xornadas anteriores.

Así, Morandeira espera que “a incidencia baixe a partir da semana que vén” e este concello “comece cunhas cifras moito máis baixas”. “Espero que a partir de agora baixe a menos de 100 casos e que baixemos do índice de 2.000”, incidiu.

Dada esta situación, Morandeira puxo de manifesto que se traballa en todo o concello “a medio gas”. “Esta semana decidimos retardar a actividade ao máximo. Hai establecementos pechados, máis por prevención e outros porque están afectados”, abordou.

Ademais, o mercado do mércores non se celebrou e moitos pais optaron por “non enviar” os seus fillos ao colexio. “E no IES tamén a actividade estivo moi retardada con tres aulas pechadas”, puntualizou a alcaldesa. En calquera caso, Morandeira explicou que aínda que esta mañá houbo “algo de movemento” pola rúa, polas tardes a actividade no municipio “redúcese ao máximo”

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...