InicioSociedadeUn xulgado de Lugo autoriza a vacinar a un usuario con discapacidade...

Un xulgado de Lugo autoriza a vacinar a un usuario con discapacidade malia a negativa da irmá

O auto considera que a protección da saúde debe prevalecer fronte á renuncia da súa titora legal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo autorizou a vacinar a un interno dunha residencia lucense a pesar da negativa da súa irmá e titora. O maxistrado indica no auto, contra o que cabe presentar recurso ante a Audiencia Provincial, que o home “non se atopa en condicións de prestar un consentimento consciente en relación coa aplicación da vacina COVID19”.

O xuíz entende que a renuncia da titora á dispensación da vacina ao seu irmán “resultaría contraria aos intereses” da persoa con discapacidade, polo que considera “máis beneficioso para a protección da súa saúde” que o vacinen. Ademais, salienta que “a protección da saúde” deberá “prevalecer fronte á renuncia manifestada pola súa titora”.

O maxistrado tamén indica no auto que discrepa da valoración da titora en canto a que o seu irmán é “relativamente novo e carente de patoloxías previas, polo que os resultados da enfermidade serían leves”. Así, advirte de que “a experiencia demostra que o virus é capaz de producir posibles resultados mortais en persoas da franxa de idade na que está o tutelado”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...