InicioSociedadeO alcalde de Palas reincorpórase ao Concello tras "días duros" para superar...

O alcalde de Palas reincorpórase ao Concello tras “días duros” para superar a Covid

Pablo Taboada explicou que non notara apenas síntomas nestes días de confinamento, que pasou teletraballando

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, incorporouse este mércores ao seu traballo no Consistorio palense despois de recibir a alta tras superar a Covid-19.

O propio alcalde confirmou que está “ben”, aínda que recoñeceu que “foron días duros e non é fácil”. “Sempre estás preocupado, aínda que non tivemos moitos síntomas”, constatou. Neste sentido, Taboada reiterou que estivo bastante “ben” durante a convalecencia; no entanto admitiu que “a procesión vai por dentro”.

Así mesmo, o alcalde de Palas corroborou que se incorporaba este mércores ao Concello “con garantías e a empezar a traballar e que isto quede nun recordo”. “Que non haxa danos colaterais ou prexuízos futuros que é do que se trata”, desexou.

Taboada asegurou que o confinamento, de 15 días desde que se lle diagnosticou, levouno “ben” e “teletraballando desde casa e tentando facer algunha cousa”. Finalmente admite que algún día notou a “fatiga” e que algunha desas xornadas estivo “canso”.  “Afectoume suave, non foi demasiado duro e levámolo ben, aínda que os días de confinamento non foron fáciles”, confesou o rexedor palense.

ÚLTIMAS

Denunciado por cuadriplicar a taxa máxima de alcoholemia e ter un accidente en Lugo

A Policía Local de Lugo denunciou por un delito contra a seguridade viaria a un condutor,...

Dous menores e a súa nai, trasladadas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Monterroso

Dous menores e a súa nai tiveron que ser evacuadas na madrugada deste venres...

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...

Enagás volverá presentar o hidroducto a Guitiriz a axudas europeas

Enagás reitera que o hidroducto Guitiriz-Zamora, que quedou fóra da lista de proxectos de interese...