Home Lugo e contorna Lugo A Deputación ofrece o Pazo dos Deportes como espazo para a vacinación masiva

A Deputación ofrece o Pazo dos Deportes como espazo para a vacinación masiva

0
A Deputación ofrece o Pazo dos Deportes como espazo para a vacinación masiva
Efrén Castro e Maite Ferreiro no Pazo dos Deportes | LX

EFE | A Deputación de Lugo ofreceulle ás autoridades sanitarias a posibilidade de empregar o Pazo dos Deportes como lugar de vacinación para a campaña de inmunización fronte á Covid-19.

Así o comunicou o deputado de Deportes e voceiro do BNG, Efrén Castro, “ante a previsible necesidade de grandes espazos” para este fin. Castro precisou que as instalacións do Pazo dos Deportes poderían “adaptarse perfectamente”.  Dispón, lembrou, dunha boa localización, de fácil acceso, e dunha superficie moi ampla destinada a aparcamento.

Ademais, conta con “grandes espazos” para organizar a vacinación en condicións de seguridade.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here