InicioSociedadeLugo empregará o medio millón do Plan Único para mellorar estradas no...

Lugo empregará o medio millón do Plan Único para mellorar estradas no rural

Cos 532.279 euros acondicionaranse vías de Camoira, Tirimol, Pedreda, Santo André de Castro, San Mamede dos Anxos, Calde, San Pedro de Mera, Vilachá de Mera, Prógalo e Poutomillos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo destinará os fondos do Plan Único 2021 integramente a melloras no rural. A xunta de goberno local aprobará mañá estas actuacións, para as que se prevén 532.279 euros, e que incluirán o acondicionamento de estradas en dez parroquias do municipio.

Así o avanzou hoxe o equipo de goberno da alcaldesa, Lara Méndez. O concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, subliñou que as obras beneficiarán aos preto de 1.600 veciños que viven en Camoira, Tirimol, Pedreda, Santo André de Castro, San Mamede dos Anxos, Calde, San Pedro de Mera, Vilachá de Mera, Prógalo e Poutomillos.

Por outra banda, Lara Méndez lembrou que no actual mandato xa se investiron máis de dous millóns de euros en infraestruturas e servizos do rural, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños, incrementando a seguridade viaria dunha trintena de estradas, ampliando as redes de abastecemento en varios núcleos, así como os puntos de luz, entre outras actuacións.

Da achega total do Plan Único de Cooperación cos Concellos, a Deputación de Lugo achegará 500.000 euros e os restantes 32.279,80 serán a cargo do Concello.

LICENZAS

Por outra banda, na sesión desta semana, o equipo de goberno autorizará a concesión de cinco licenzas para acometer diferentes actuacións urbanísticas no termo municipal, entre as que destacan a agrupación e reforma de dúas naves no polígono do Ceao, a legalización das obras efectuadas nunha vivenda tradicional de Galegos e nun centro de formación na rúa Río Lor, así como o acondicionamento da planta baixa dun edificio, situado na Praciña da Universidade, para albergue turístico.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...