InicioSociedadeA residencia de Navia de Suarna abrirá este ano, segundo a Deputación

A residencia de Navia de Suarna abrirá este ano, segundo a Deputación

Só falta completar o equipamento. A Deputación asumirá o 75% e o restante 25% correrá a conta do Concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este venres “un paso moi importante” para cumprir co compromiso de abrir este ano o Centro de Atención a Maiores de Navia de Suarna, coa aprobación na Xunta de Goberno do convenio marco de colaboración entre a institución e o Concello para a posta en marcha e funcionamento desta residencia.

Tomé Roca explicou que o acordo “establece a xestión pública do centro de maiores”, así como que “no acceso ás prazas terán preferencia os veciños deste municipio”, seguidos dos de localidades limítrofes e do resto da provincia.

O convenio marco recolle que cada administración se compromete a axudar no financiamento do custo das prazas. En concreto, a Deputación asumirá o 75% da diferenza entre o custo efectivo do servizo e o prezo que pagarán os usuarios e o restante 25% correrá a conta do Concello.

Así mesmo, en función deste convenio, a Deputación de Lugo e o Concello de Navia de Suarna asumen o compromiso de reclamarlle á Xunta de Galicia o custo das prazas. “É dicir, reclamarlle á Xunta que cumpra a Lei de Servizos Sociais de Galicia, no artigo 65 bis, que obriga á comunidade autónoma a asinar convenios de colaboración coas entidades locais para a creación, a xestión e o mantemento dos servizos sociais”, concretou o presidente provincial.

RESIDENCIA DE NAVIA

A Deputación de Lugo investiu un millón de euros na construción do Centro de Atención a Maiores de Navia de Suarna e o Concello achegou 200.000. Este centro, ao que só falta concluír co equipamento, contará con 30 prazas de residencia e 20 de centro de día.

Na actualidade, a Deputación de Lugo ten en funcionamento cinco centros nas localidades de Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada e Castroverde, e ten a previsión de activar antes de final de ano tamén a de Pedrafita do Cebreiro, a de Meira e a de Navia de Suarna.

ÚLTIMAS

Denunciado por cuadriplicar a taxa máxima de alcoholemia e ter un accidente en Lugo

A Policía Local de Lugo denunciou por un delito contra a seguridade viaria a un condutor,...

Dous menores e a súa nai, trasladadas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Monterroso

Dous menores e a súa nai tiveron que ser evacuadas na madrugada deste venres...

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...

Enagás volverá presentar o hidroducto a Guitiriz a axudas europeas

Enagás reitera que o hidroducto Guitiriz-Zamora, que quedou fóra da lista de proxectos de interese...