InicioSociedadeMorre unha muller na residencia da Pastoriza

Morre unha muller na residencia da Pastoriza

Trátase dunha anciá de 87 anos.

PUBLICADA O

residencia DomusVi de Carballo tivo catro falecidos nos últimos dous días, un número que volve poñer a este centro no punto de mira tras a discutida xestión da pandemia nas súas residencias durante a primeira onda. Tamén hai un novo falecido na residencia da Pastoriza que morreu o pasado 24 de xaneiro, aínda que foi comunicado agora.
Segundo informou o Sergas nos últimos días –22, 24, 26 e 27 de xaneiro– producironse 29 novos mortos pola covid, unha cifra que volve ser a peor desde abril. Con todo, chama a atención que a Xunta recolla datos de diferentes días a mediados de semana, cando mantén un protocolo de información diario sobre os falecidos e as dificultades para dar a información danse, sobre todo, durante a fin de semana.
Deste xeito, na DomusVi de Carballo reportouse a morte de tres mulleres de 97, 86 e 83 anos e dun home de 77 entre este martes e mércores. A eles súmanse outras seis persoas que tamén morreron en residencias, entre elas unha muller de 51 anos, no CHUAC (procedente da residencia Pai Menni de Betanzos), outra muller de 83 anos na residencia da Pastoriza, unha anciá de 87 anos, no CHUO (procedente da residencia Quercus de Leiro) e un home de 92 anos, no CHUO (procendente da residencia DOMUSVI de Bande). Tamén faleceu outro home de 84 anos, na residencia Stella Maris de Nigrán e unha muller de 96 anos, falece na residencia Quercus de Leiro.
Coruña segue sendo a zona con maior falecidos. No Chuac reportouse a morte de seis persoas, dúas mulleres de 90 e 94 anos e catro homes de 88, 77, 66 e 61 anos.  O Sergas tamén informa do falecemento dunha muller de 91 anos no seu domicilio de Laracha, tamén na Área Sanitaria da Coruña.
No Chus de Santiago morreron dúas mulleres de 84 e 87 anos e dun home de 74. En Ourense os falecidos son un home de 60 anos e unha muller de 90 e en Chop de Pntevedra, catro homes de 79, 76, 88 e 77 anos respectivamente.
Finalmente, na área de Vigo foron reportados tres falecidos, un home de 60 e dúas mulleres de 90 e 85 que morreron en Povisa.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...