InicioLugo e contornaLugoAs UCI do Lucus Augusti comeza a recibir pacientes covid de Ferrol...

As UCI do Lucus Augusti comeza a recibir pacientes covid de Ferrol pola presión hospitalaria

Foron trasladados polo momento dous pacientes segundo apuntan fontes hospitalarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -
O Sergas comezou a trasladar pacientes das UCI do Hospital de Ferrol ao Lucus Augusti de Lugo polo gran aumento da presión hospitalaria do primeiro centro. Unha posibilidade que xa adiantou o pasado xoves o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Segundo fontes sanitarias consultadas por GC, son dous os pacientes que serán trasladados a Lugo polo gran incremento de casos que houbo nas últimas horas nesta área sanitaria. O Sergas confirmou estes traslados e dixo que se fan para que haxa UCIs suficientes para atender incrementos na presión asistencial. Feijóo suliñaba na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta que había unha presión asistencial “importante” na Coruña, e argumentaba que, antes de proceder a activar hospitais de campaña, optaríase por facer “unha redistribución” coa UCI de hospitais “máis modernos” como os de Lugo e Vigo.

SATURACIÓNS NAS UCI

Precisamente, o distrito coruñés mantense este sábado, un día máis, como a área con máis ingresados con covid-19 e suma outros 14 máis que elevan a 164 os pacientes hospitalizados, 26 en críticos (-1). Tamén en Ferrol, despois de ser o único distrito no que non subiran os hospitalizados na xornada do xoves, repuntaron os ingresados ata os 86 (+7), 9 na UCI (+3).

Esta mesma semana o xefe da UCI do CHUAC, David Freire, advertía que a situación é “case peor” a vivida en marzo, no comezo da pandemia e cando os hospitais galegos comezaron a colapsar. “Todos os días ingresan pacientes novos na UCI, e ás veces, dous, tres e ata catro. En ocasión, e de xeito máis frecuente que na primeira onda, son pacientes máis novos e algúns sen patoloxías previas”, aseguraba. “Estamos vivindo unha situación crítica, similar, senon peor a marzo“, indicaba..

A XUNTA CONFIRMA A PRESIÓN

De feito,responsables sanitarios galegos comezaron esta semana a suspender algunhas operacións non urxentes pola presión hospitalaria derivada da covid-19, co obxectivo de deixar camas libres para posibles ingresos.

En concreto, fontes sanitarias confirmaron que xa se suspenderon algunhas intervencións no Hospital da Coruña, Ferrol e Santigo e que, dependendo que como evolucionen as cifras, é posible que nas próximas semanas haxa que aprazar novas operacións.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...