InicioSociedadeRoberto Brezmes, fiscal xefe de Lugo durante os vindeiros cinco anos

Roberto Brezmes, fiscal xefe de Lugo durante os vindeiros cinco anos

O BOE publicou hoxe o seu nomeamento, que acolle con "ilusión" e "ánimo" para enfrontarse aos retos da Xustiza en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este mércores o Real Decreto do Ministerio de Xustiza polo que se nomea fiscal xefe da Fiscalía Provincial de Lugo a Roberto Brezmes para os próximos cinco anos, cargo que xa viña desempeñando desde 2015.

En declaracións a EFE, Roberto Brezmes recoñeceu que recibe este nomeamento “con moita ilusión” e con “ánimo” para afrontar os novos retos que se lle presentan ao ministerio público nesta provincia.

Referiuse, por exemplo, a necesidade da dixitalización para “a modernización definitiva da Xustiza, en procura do expediente xudicial electrónico”, un camiño que xa iniciou a Fiscalía de Lugo. Así mesmo, tamén citou “a asunción definitiva da instrución por parte dos fiscais, nese proxecto de lei esperanzador que existe nese momento”.

“Eu pretendo simplemente que a Fiscalía continúe con ese labor extraordinario que os fiscais desenvolveron en defensa da legalidade, dos dereitos dos cidadáns e do interese público”, sinalo, ademais de “continuar con ese achegamento á sociedade á que servimos”.

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...