InicioSociedadeComeza a vacinación dos traballadores sanitarios en Lugo

Comeza a vacinación dos traballadores sanitarios en Lugo

O Sergas aplicará a primeira dose do antídoto a 2.800 profesionais de primeira liña durante esta semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas inicia este mércores 13 de xaneiro a campaña de vacinación do persoal sanitario que traballa en primeira liña tanto no ámbito hospitalario como en Atención Primaria. Son, en total, uns 2.800 profesionais. Preténdese completar esta fase ao longo desta semana, para posteriormente ampliar a inmunización a outros traballadores.

No vídeo, un traballador do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) recibe a primeira dose da vacina.

A supervisora de Enfermaría do Servizo de Medicina Preventiva, Mar Castro Murias, valorou positivamente o inicio da vacinación no HULA, que tivo “unha grande aceptación” e “sen ningunha incidencia de momento”. Castro Murias recalcou a importancia da vacina para conseguir a “desexada inmunidade de grupo” coa que se protexerá o conxunto da sociedade.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...