InicioSociedade"No aparcamento do HULA pagamos tarifas máis altas ca en sitios onde...

“No aparcamento do HULA pagamos tarifas máis altas ca en sitios onde o Sergas comprou os terreos”

A Federación de Veciños insiste en reivindicar a liberalización dos custos de estacionamento neste espazo que foi cedido gratuitamente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños Lucus Augusti remitiu un escrito á Xunta de Galicia para lembrar que “como anunciou a Consellería de Sanidade o pasado 22 de setembro, é o momento no que indicou que se tomaría a decisión oportuna respecto do párking do HULA“. O colectivo insiste na necesidade de liberalizar os seus custos, unha reivindicación que xa se vén facendo dende os inicios.

Reclaman a liberalización do aparcamento por considerar os custos “abusivos e fóra de lugar”, ademais de que o espazo foi cedido gratuitamente por Lugo ao Sergas.  “Pagamos tarifas máis altas que na Coruña, Vigo e Ourense, onde o Sergas tivo que comprar os terreos”, lamentan.

Se non fose posible a liberalización total, piden que se transmita a xestión a un ente social ou ONG lucense que atenda a persoas en estado precario ou de dependencia. “Que se cobre só o custo mínimo e cunha praza libre por enfermo ingresado, así como unha primeira hora gratuíta para acceso a consultas ou outras visitas”, propoñen, ademais dos fins de semanas libres de pagamento.

Dende a Federación non se conforman coa “desculpa” do Sergas de que a actual concesión implica o coidado das zonas verdes, xa que o colectivo faríase cargo do mantemento de forma gratuíta. “Cremos no dereito das nosas peticións e xa van dez anos sen unha resposta“, quéixanse.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide unha reunión urxente a Rueda para desbloquear o Museo da Romanización

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitou unha reunión urxente co presidente da Xunta,...

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...