InicioSociedadeSoben os casos activos na provincia e as hospitalizacións

Soben os casos activos na provincia e as hospitalizacións

Hai 44 casos activos máis que onte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os contaxios diarios detectados por PCR en Galicia dispáranse ata os 590, case 300 máis que 24 horas antes, e case tres veces máis dos que había durante a fin de semana. Deste xeito crecen os casos activos ata os 6.404 –407 máis que na xornada anterior–. Tamén en Lugo.

En concreto, segundo os datos publicados este mércores na web da Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do martes, en Galicia rexistráronse en 24 horas 590 casos por PCR nunha xornada na que se practicaron 7.752 probas deste tipo (3.543 máis que o día antes). Con estas cifras, a taxa de positividade sitúase en torno ao 7,6%.

No entanto, a presión hospitalaria de pacientes covid mantense en datos similares aos dun día antes, con 399 ingresados (un máis). Deles, 57 persoas permanecen na UCI (tamén unha máis). Deste xeito, na área de Lugo  hai 575 casos activos, 44 máis.

HOSPITALIZACIÓN

Pese ao aumento dos contaxios confirmados, a presión hospitalaria mantense nas mesmas cifras que o luns –cun paciente máis–. Así, hai 399 persoas ingresadas, das que 57 están en unidades de coidados intensivos (UCI). En Lugo-A Mariña-Monforte hai 18 pacientes en hospital –un máis– e ningún en UCI.

ÚLTIMAS

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

Lugo Monumental celebra a súa asemblea anual reelixindo a Luis Latorre como presidente

Lugo Monumental celebrou o martes día 3 de febreiro ás 16:00 a súa asemblea...

Aprazada a expropiación para o centro de saúde Sacro Corazón pola espera de remanentes

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprazou a aprobación do expediente de...

Guntín recibe máis de 50.000 euros para mellora enerxética do pavillón municipal

A Xunta destina case 55.000 euros a colaborar co Concello de Guntín na mellora...