InicioSociedadeO Concello de Lugo pecha a escola infantil Luís Soto Menor por...

O Concello de Lugo pecha a escola infantil Luís Soto Menor por un foco de covid entre o seu persoal

O resto de traballadores da escola infantil serán sometidos a probas para descartar unha maior incidencia do coronavirus nas instalacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Concellaría de Educación do Concello de Lugo decidiu pechar a escola infantil municipal Luis Soto Menor debido á aparición dun foco de covid-19 entre o persoal do centro.

A través dun comunicado remitido aos medios, o edil de Educación, Felipe Rivas, asegura que os protocolos das educadoras destas gardarías “permiten confirmar que as posibilidades de contacto” cos nenos “foron moi pequenas”, pero que se clausurou “por responsabilidade”.

Ademais, o concelleiro afirma que, desde a confirmación do contaxio, o goberno local mantén “contacto continuo coas autoridades sanitarias para proceder segundo as súas indicacións”. Neste sentido, Rivas manifesta a súa disposición a colaborar “en todo o que sexa posible para poder continuar ofertando este servizo público cando sexa seguro”.

En canto ao resto de traballadores da escola infantil, serán sometidos a probas para descartar unha maior incidencia do coronavirus nas instalacións. Ademais, o edificio será sometido a unha desinfección seguindo os protocolos elaborados polo Concello.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...