Home Sociedade Falecen dous usuarios do asilo de Vilalba diagnosticados de coronavirus

Falecen dous usuarios do asilo de Vilalba diagnosticados de coronavirus

0
Falecen dous usuarios do asilo de Vilalba diagnosticados de coronavirus
Residencia de maiores de Vilalba | Google Street View

A Consellería de Sanidade informa este luns doutras cinco vítimas mortais da pandemia en Galicia. Dúas delas eran dous homes usuarios da residencia de maiores de Vilalba, de 82 e 65 anos, respectivamente.

Así pois, a área sanitaria de Lugo alcanza a cifra de 145 decesos por mor do coronavirus. Os informes do Sergas recollen dúas mortes menos na provincia, ao non contabiliizarse o de dous usuarios de xeriátricos que finaron en Santiago de Compostela.

Sanidade tamén notificou a morte dun home de 64 anos en Ferrol e a de dous varóns, de 75 e 92 anos, na clínica viguesa Povisa. Galicia chega así aos 1.346 falecementos.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here