InicioSociedadeOs produtos e servizos das Terras do Miño e dos Ancares terán...

Os produtos e servizos das Terras do Miño e dos Ancares terán unha marca propia

A Deputación impulsará esta distinción para remarcar a procedencia e calidade de bens agroalimentarios, artesanais ou servizos turísticos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pazo de San Marcos acolleu este xoves un encontro entre os órganos reitores das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, ambas as dúas xestionadas pola Deputación. A reunión, na que se realizou un balance das actividades deste 2020, tamén serviu para abordar proxectos futuros. Entre eles, a creación dunha marca diferenciada para os produtos e servizos de cada unha das reservas.

Esta distinción visibilizará e marcará a procedencia, profesionalidade e calidade dos bens comercializados, o que suporá “un salto cualitativo importante para o desenvolvemento sostible destes territorios e, polo tanto, para fixar poboación”.

As dúas marcas – Reserva da Biosfera Terras do Miño e Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses– xa están rexistradas na Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM). Agora, a Deputación empezará a traballar nun regulamento consensuado cos produtores e empresarios que desexen empregar este distintivo na etiquetaxe dos seus produtos e servizos.

Esta marca tamén lles permitirá empregar o distintivo xenérico de Reservas da Biosfera Españolas, que destaca e diferencia todos aqueles produtos naturais e artesanais dos territorios recoñecidos como Reservas da Biosfera en España, actuando como unha marca paraugas que as aglutina a todas.

A marca estará orientada aos produtos agroalimentarios e artesanais de calidade, pero tamén se poderá aplicar a servizos turísticos (aloxamentos, restauración ou empresas turísticas) que poden á súa vez crear sinerxías cos produtores locais, promovendo unha imaxe integral de calidade de produtos e servizos nas Reservas da Biosfera.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...