InicioSociedadeO Banco de Alimentos xa atende máis de 2.000 familias na provincia

O Banco de Alimentos xa atende máis de 2.000 familias na provincia

As peticións de axuda aumentaron desde o mes de setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez, calcula que atenden en toda a provincia a máis de 2.000 mil familias. Acoden os martes e venres ás delegacións da cidade amurallada, da Mariña e de Monforte.

Na capital da provincia son xa unhas “mil” as familias ás que se presta auxilio, “máis de 600 na Mariña e unhas 450 en Monforte (que cobre toda a zona sur da provincia de Lugo desde Sarria)”. E é que xa se supera esa barreira das 2.000 familias despois de que  desde setembro subira o “pico” de casos que precisan do Banco de Alimentos.

Amadora Núñez valora que “a día de hoxe” non se “carece” dos alimentos básicos, que son basicamente seis produtos: arroz, pasta, lentellas, fariña, azucre e aceite de xirasol.

Ademais, a presidenta espera que comece pronto a vacinación contra a covid, xa que hai que ter en conta a cantidade de voluntarios que se atopan expostos ao coronavirus nas distintas oficinas do Banco de Alimentos.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...