InicioSociedadeOs hostaleiros insisten na necesidade de atrasar o toque de queda e...

Os hostaleiros insisten na necesidade de atrasar o toque de queda e eliminar o peche perimetral

O sector cualifica como "moi bo" o primeiro fin de semana tras a rebaixa nas restricións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, volveu reivindicar que se amplíe unha hora, ata as doce da noite, o toque de queda, así como que se levante o peche perimetral que aínda permanece activo na cidade das murallas.

Así, lembrou que, na práctica, os locais están a traballar “ata a unha da madrugada”, xa que serven ceas a domicilio. Por iso, Real reclama que a posibilidade se faga extensiva aos clientes: “A esa hora, sanitariamente, non vai ter ningunha repercusión negativa na poboación, pero economicamente vai ser un punto decisivo para que a xente poida saír a cear”, resolveu.

Despois de que o subcomité clínico do venres suavizara as restricións para a hostalaría lucense, Real acreditou que o fin de semana foi “moi bo” para o sector na cidade, aínda que segue apelando á “prudencia” e a cumprir os “protocolos” anticovid.

Finalmente, o hostaleiro lucense confía que esta semana se poida levantar o “peche perimetral” da cidade de Lugo, dado que, argumentou, “fai moito dano á hostalaría en xeral, pero sobre todo ao aloxamento, como hoteis, casas rurais ou apartamentos turísticos”.

“Os hoteis están moi tocados economicamente porque apenas teñen clientela, ou ocupacións do dez por cento, e isto é inasumible economicamente“, advertiu. Finalmente, tamén alertou da situación en que se atopa o lecer nocturno, que está “moi tocado” logo de oito meses pechado por imposición legal.

ÚLTIMAS

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores...

O PP de Lugo denuncia un “estado total de abandono” do Museo Interactivo de Historia

O Partido Popular de Lugo acusou ao Goberno local de ter "nun estado total...

Preestrea do filme ‘Sirat’ de Óliver Laxe en Navia de Suarna este domingo

O director galego Oliver Laxe preestreará a súa nova película 'Sirat' este próximo domingo,...