InicioSociedadeA Deputación fará un cribado tras o positivo en coronavirus do deputado...

A Deputación fará un cribado tras o positivo en coronavirus do deputado de Deportes

Faranse 50 probas, que inclúen a todos os membros da corporación que acudisen a comisións e plenos celebrados nas últimas dúas semanas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo activou o protocolo covid despois de coñecerse este martes o contaxio por coronavirus do deputado delegado de Deportes, Efrén Castro (BNG), e de que un traballador do Rexistro da institución estivese en contacto cun positivo, motivo polo cal está á espera do resultado dunha PCR.

Deste xeito, realizaranse entre este mércores e este xoves un total de 50 probas diagnósticas, incluídos membros do goberno e da corporación provincial, aínda que esta cifra poderá ampliarse en función do que ditamine o servizo de prevención. Está previsto que os resultados se coñezan, como moi tarde, o venres.

Neste cribado, segundo informa a Deputación a través dun comunicado, participará todo o persoal que tivo contacto estreito ou que traballa nos mesmos departamentos tanto de Efrén Castro -que é concelleiro no Concello de Sarria- como da persoa que está á espera dunha PCR.

Ademais, someteranse ás probas “todas aquelas persoas que participaron nas comisións informativas e nos plenos celebrados nas últimas dúas semanas”, é dicir, tamén aos membros da Corporación -en total, son 25- e do goberno provincial presidido polo socialista José Tomé.

Neste contexto, a Deputación de Lugo reivindica a súa política “de máxima transparencia” e asegura que “tomou todas as medidas para minimizar os riscos de propagación do virus” a través dos protocolos deseñados polo servizo de prevención da institución.

UNHA “DESINFECCIÓN INTEGRAL”

Así, ademais do mencionado cribado, acometerase unha “desinfección integral de todas as dependencias” do Pazo de San Marcos entre a tarde deste martes e este mércores e cancelaranse temporalmente todos os eventos previstos na sede da institución, salvo aqueles vinculados ao ámbito laboral.

Así mesmo, todos os traballadores dos departamentos de Cultura e de Deportes realizarán desde este mesmo martes traballo a distancia ata que se confirmen os resultados das probas.

No caso do Rexistro, debido a que é obrigatorio que sexa un servizo presencial, substituíuse a todos os seus empregados “de modo inmediato”, previa desinfección do departamento, asegura a Deputación.

ÚLTIMAS

A A-6 sufrirá esta semana cortes de carril polas obras de reparación do firme en Becerreá

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable vai executar esta semana actuacións de reparación do firme en...

Detido en Friol por entrar pola forza na casa dun coñecido, romper mobles e aveños e ameazalo de morte

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Friol a un home de 28 anos que...

Denunciada por falsificar un cartón de discapacitado para poder aparcar

A Policía Local de Lugo identificou e denunciou a unha condutora que facía uso...

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...