InicioSociedadeA área de Lugo rexistra 69 novos positivos e alcanza os 1.100...

A área de Lugo rexistra 69 novos positivos e alcanza os 1.100 casos activos

A área de Lugo é a única na que non se reduce o número de persoas ingresadas, que se mantén en 59 (cinco na UCI).

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo aumenta ata os 1.100, 29 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Porén, medra o ritmo de contaxios: nas últimas 24 horas confirmáronse 69 novos positivos a través de PCR.

Do total de contaxiados, 59 persoas permanecen hospitalizadas (igual ca onte). De feito, a área sanitaria lucense é a única na que non se reduce o número de persoas ingresadas. O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 34 pacientes en planta e cinco na UCI (un menos); o da Mariña coida de 13; e o de Monforte, de 6.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 115 falecementos relacionados coa pandemia. O último notificouno onte Sanidade e tratábase dunha nonaxenaria que estaba ingresada no HULA. 

Ademais, ata o momento curáronse 4.339 pacientes e fixéronse 94.225 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 734 probas, case un centenar menos ca o día previo.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega aumentan a 501 os positivos diarios e dispáranse especialmente na área da Coruña, que sumou 122 novos casos. Con todo, os casos activos descenden lixeiramente (nove menos ca na xornada anterior) e sitúanse nos 9.051.

A Consellería de Sanidade tamén refire un ascenso no número de hospitalizacións. Un total de 102 persoas continúan en terapia intensiva na UCI, mentres que 476 están ingresadas en planta.

ÚLTIMAS

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...

Alugueres “alcanzables” en Lugo e penalización a propietarios con vivenda baleira

Lugo contará cun ambicioso Plan Municipal de Vivenda, unha folla de ruta que busca...

Seis meses de prisión para o xerente dunha empresa por delito de lesións nun traballador

O xerente dunha empresa vinculada á construción de Lugo aceptou este xoves unha pena...