Guntín mantén a alerta laranxa, mentres que Lugo e Vilalba seguen no máximo nivel

Desactívase a alerta amarela en Outeiro de Rei e Castroverde.

Mapa de incidencia do coronavirus por concellos, a 17 de novembro do 2020 | EP - Consellería de Sanidade

Os municipios de Lugo e Vilalba manteñen o máximo nivel de alerta por incidencia de coronavirus, igual ca Sarria. Pola súa parte, Guntín, Chantada e Monforte seguen en alerta laranxa, e a eles súmaselles Burela, que volve entrar neste grupo.

Así o reflicte o mapa de cores ofrecido diariamente pola Xunta de Galicia. Nel tamén se indica que Outeiro de Rei e Castroverde saen da alerta amarela e pasan a estar libres de avisos por incidencia, ao rexistrar menos de sete novos casos na última semana.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here