InicioSociedadeGalicia suma outras 17 mortes, catro delas na provincia de Lugo

Galicia suma outras 17 mortes, catro delas na provincia de Lugo

As catro finadas na área lucense eran mulleres que roldaban os 90 anos. Dúas delas procedían de residencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pesar de que as cifras de contaxios e casos activos comezan a deixar oco á esperanza, a Consellería de Sanidade informa doutras 17 mortes relacionadas coa pandemia en Galicia, catro delas na área sanitaria de Lugo. Estes datos corresponden tamén ao reconto da fin de semana realizado por Saúde Pública e que hoxe se suman aos do sábado e domingo tras comprobar que faleceran por Covid-19.

Na área de Lugo, as catro vítimas eran mulleres. Trátase de tres donas de 90, 96 e 89 anos que faleceron no HULA (unha delas vivía na residencia San Salvador de Guntín) e outra muller de 96 anos que finou no Hospital da Mariña, procedente da residencia San Cibrao (Cervo).

A provincia alcanza así a cifra de 114 persoas falecidas dende o inicio da pandemia, mentres que no conxunto da comunidade galega xa finaron 1.086 persoas diagnosticadas con Covid-19.

 

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...