InicioSociedadeBaixan lixeiramente os casos en Lugo a 64 contaxiados nas últimas 24...

Baixan lixeiramente os casos en Lugo a 64 contaxiados nas últimas 24 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os positivos por COVID-19 detectados en Galicia baixaron en case un centenar na última xornada e sitúase nos 597 diarios, que con todo é a segunda cifra máis alta de toda a crise sanitaria, por detrás da deste sábado. A pesar do descenso en case todas as áreas sanitarias, a de Ourense e, en menor medida, a de Pontevedra son as que anotaron lixeiros repuntes.

Segundo a actualización da web da Consellería de Sanidade con datos solicitados ata as 18,00 horas do venres, a área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco detectou en 24 horas un total de 94 infeccións por coronavirus, 11 máis que o día anterior. Así, aínda que encadea varios días nos que xa non é o epicentro da pandemia en Galicia, é a que máis aumentou este domingo.

Pola súa banda, a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés tamén subiu, pero só nunha, as PCR positivas diarias, ata o total de 53. Esta cifra tamén a sitúa entre as que menos contagios novos contabilizou.

Deste xeito, no resto do territorio galego caeu a incidencia da pandemia, coa área de Vigo como epicentro, con 121 novas infeccións (-4 con respecto a un día antes); seguida da Coruña-Cee, con 110 (-25); e de Santiago-Barbanza, con 103 (-15). Tamén descenderon os casos de COVID-19 diarios en Lugo-A Mariña-Monforte, a 64 (-20), e en Ferrol, a 52 (-38).

En canto ás altas, nas últimas 24 horas curáronse 345 persoas, o que coloca o total desde o inicio da pandemia en 25.315. Ademais, ata o momento faleceron 860 persoas con coronavirus na Comunidade galega, tras engadirse ao cómputo a última vítima notificada na tarde do sábado.

Así, a cifra de casos activos –persoas que aínda padecen a enfermidade– está este domingo no total de 6.431, un ascenso de 261 nun día. A área sanitaria que máis pacientes concentra aínda é a de Ourense, con 1.299, pero é a única que descende, nunha vintena. Seguen a esta a de Vigo, con 1.186 pacientes (+89); A Coruña-Cee, con 1.122 (+65); Santiago-Barbanza, con 1.089 (+42); Lugo-A Mariña Monforte, onde hai 651 casos activos (+35); Pontevedra-O Salnés, 639 (+17); e Ferrol, con 445 (+33).

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...