InicioSociedadeDispáranse os novos casos de Covid en Lugo

Dispáranse os novos casos de Covid en Lugo

Houbo 41 novos casos este domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistrou outros 417 positivos por Covid-19 nas últimas 24 horas, deles 98 na área sanitaria de Vigo; 75 na de Santiago e Barbanza; 66 na de Ourense e 54 na da Coruña. Mentres, a de Ferrol rexistrou outros 45 positivos; a de Lugo, 41 e a de Pontevedra e O Salnés, 38, segundo a información actualizada na web da Consellería de Sanidade na mañá deste luns con datos recolleitos ata as 18,00 horas do domingo.

Os casos activos aumentaron nas últimas 24 horas en 169 e sitúanse en 5.101 na Comunidade galega. Con respecto ás áreas sanitarias galegas, aumentaron en todas salvo na de Ourense, na que descenderon a 1.516, o que supón 61 menos que este domingo.

Este luns, a da Coruña e Cee conta con 852 casos activos, o que supón 13 máis que este domingo; a de Vigo, con 791 –83 máis–; a de Santiago e Barbanza rexistra 762 –43 máis–; a de Lugo, 483 –33 máis–; a de Pontevedra e O Salnés, 475 –18 máis– e a de Ferrol, 222 –40 máis–.

VÍTIMAS E PCRS

Ata a data curáronse en Galicia 23.578 persoas, o que supón 252 máis que as contabilizadas ata este domingo e faleceron con Covid-19 na Comunidade galega 822 persoas. Este domingo pola tarde foron notificadas as mortes dun home e tres mulleres diagnosticadas, estas últimas usuarias da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense).

A Comunidade galega realizou ata o momento 592.162 PCR fronte ás 586.482 rexistradas ata este domingo. A cifra de contaxiados ata a data ascende a 29.501 na Comunidade galega.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...