InicioSociedadeDúas mulleres procedentes da residencia de Outeiro de Rei, novas vítimas da...

Dúas mulleres procedentes da residencia de Outeiro de Rei, novas vítimas da COVID en Galicia

Segundo informan fontes sanitarias, trátase de dúas mulleres, de 92 e 85 anos de idade que foran diagnosticadas con coronavirus, pero presentaban patoloxías previas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A morte de dúas mulleres no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), aínda que procedentes ambas as da residencia de Outeiro de Rei, eleva a 729 o total de vítimas mortais da pandemia de coronavirus en Galicia.

Segundo informan fontes sanitarias, trátase de dúas mulleres, de 92 e 85 anos de idade que foran diagnosticadas con coronavirus, pero presentaban patoloxías previas.

A residencia de maiores DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, foi intervida pola Xunta o pasado 8 de setembro ante o gran número de infectados que presentaba entre os seus usuarios e traballadores. Procedentes desta residencia faleceran ata agora polo menos 16 persoas, máis as dúas dadas a coñecer a xornada deste sábado.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Frustrado un roubo nunha nave industrial en Lugo e detido un dos implicados

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home como presunto autor dunha tentativa...

Detidas en Lugo unha nai e a súa filla por unha suposta agresión mutua

A Policía Local de Lugo detivo unha muller e a súa filla como presuntas...

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...