InicioSociedadeGran baixada de casos activos na área de Lugo con 36 positivos...

Gran baixada de casos activos na área de Lugo con 36 positivos menos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou nas últimas 24 horas menos de 200 novos contaxios de COVID-19, unha cifra que supón un descenso con respecto ás xornadas anteriores e que non se pasaba desde o pasado 8 de setembro. En concreto, segundo os datos da Consellería de Sanidade, detectáronse na última xornada 194 novos casos de COVID-19 e a cifra de casos activos diminuíu ata os 4.304 (-46). Unha caída que lidera a área de Lugo.

Nas últimas 24 horas sumáronse ao parte tres falecementos relacionados coa COVID-19, os de dous usuarios de residencias –a Orpea de Culleredo e a DomusVi Lugo de Outeiro de Rei– e o dunha muller ingresada no Hospital de Ourense, co que xa son 718 os vinculados á pandemia. Do mesmo xeito, producíronse 237 altas, co que a cifra de persoas que superaron a COVID-19 en Galicia elévase a 16.995.

Segundo os datos de Sanidade, catro das sete áreas sanitarias galegas rexistran un descenso na cifra de casos activos. En concreto, a baixada máis pronunciada dáse en Lugo, onde pasan de 725 a 689 (-36) e na Coruña, onde baixan en 30, de 1.178 a 1.148. Do mesmo xeito, na área sanitaria de Santiago e A Barbanza hai 12 casos activos menos, ata 625 e na de Ferrol caen sete, ata os 177.

Pola contra, a cifra de casos activos sobe en Vigo, onde pasan de 440 a 457 (+17) e na de Ourense, con 14 máis, ata os 541. En Pontevedra, pola súa banda, pasan de 658 casos activos a 667 (+9).

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...