InicioSociedadeAs clases en Secundaria, Bacharelato e FP comezarán unha semana máis tarde

As clases en Secundaria, Bacharelato e FP comezarán unha semana máis tarde

A decisión da Xunta chega tras a mobilización de profesores, sindicatos e anpas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O inicio do curso en Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional (FP) en Galicia atrásase do 16 ao 23 de setembro e seguintes días para poder afrontar os labores de adaptación dos espazos educativos ás medidas de prevención fronte ao coronavirus. Unhas medidas que lle pedían insistentemente desde hai días sindicatos, docentes e pais.

Despois de que varios institutos galegos reclamasen nas últimas horas o atraso da volta ás aulas e tras reunirse coa Xunta Autonómica de Directores de Secundaria, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, anunciou que o curso en Secundaria, Bacharelato e FP empezará o día 23 e seguintes por “problemas organizativos”, co obxectivo de “converter os espazos educativos en espazos seguros ante o COVID” e poder cumprir o metro e medio de distancia de seguridade. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...