InicioSociedadeVehículos non tripulados para combater a COVID-19

Vehículos non tripulados para combater a COVID-19

É unha das principais novidades da nova edición de captación de proxectos da aceleradora denomina BFAero.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha aceleradora do poro aeroespacial da Xunta, situado no aeródromo de Rozas, en Lugo, busca ideas innovadoras para combater a pandemia da covid-19 a través de solucións con vehículos non tripulados.

É unha das principais novidades da nova edición de captación de proxectos desta aceleradora, que se denomina BFAero e que inclúe a membros da Xunta (Igape, XesGalicia e Gain), empresas como Indra e Babcock, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia e un “ecosistema aberto” do que forman parte as universidades galegas, centros tecnolóxicos e o Consorcio Aeronáutico de Galicia.

En “pleno proceso” de captación da súa terceira convocatoria, este programa de emprendemento seleccionará sete novos proxectos e reivindica así por terceiro ano consecutivo a súa “firme aposta” pola atracción de talento no sector dos drones e os vehículos non tripulados desde Galicia.

As candidaturas poderán chegar de toda España e a nivel internacional. As empresas, entidades e ‘startups’ poderán presentar as súas candidaturas para os programas de incubación e aceleración ata o próximo 22 de outubro ás 14,00 horas.

BFAero xa impulsa doce proxectos chegados de centros tecnolóxicos, universidades e ‘spin-out’ empresariais nas súas dúas primeiras convocatorias: nove deles galegos e tres do resto de España.

SETE NOVAS IDEAS

Nesta terceira convocatoria escollerá sete novas ideas, tres para o seu programa de incubación e catro para o de aceleración. Nas dúas primeiras edicións do programa, un total de 94 candidaturas optaron ás doce prazas finais.

“BFAero ofrece aos seus proxectos acelerados un completo plan para o desenvolvemento e lanzamento do seu produto no mercado local, nacional e internacional, cunha duración total de 12 meses tanto para a etapa de incubación como para a de aceleración”, segundo explica.

Así, as ideas que sexan seleccionadas terán á súa disposición tutorías e mentorización con expertos no sector, ademais de acceso ás instalacións do aeródromo de Rozas e aos equipos da iniciativa.

Tamén contarán con oficina propia e espazos para realizar coworking e recibir unha completa formación en todos os aspectos que afecten o seu plan de negocio nas instalacións da Fundación CEL-iniciativas por Lugo, onde se atopa o equipo xestor de BFAero.

Os proxectos contarán ademais con asesoramento tecnolóxico e acceso a potenciais clientes de ámbito internacional. Poderán dispor de UAVs de Indra e Babcock de forma gratuíta, horas de voo bonificadas e a opción de obter a certificación de piloto de drones.

ÚLTIMAS

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...

Terremoto político no PSOE de Lugo: María Reigosa dáse de baixa como militante, pero o alcalde di que segue no grupo

A concelleira do Concello de Lugo María Reigosa pediu a baixa como militante do...

‘360 curvas’: o documental que conta a loita do pobo da Fonsagrada contra o illamento

A loita dun pobo galego contra o seu illamento e o éxodo rural son...