InicioLugo e contornaTres mortes en Lugo por coronavirus nas últimas horas

Tres mortes en Lugo por coronavirus nas últimas horas

Dúas das vítimas eran da residencia do Incio que suma nove falecementos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro mortes notificadas este mércores elevan a 648 os falecementos con COVID-19 en Galicia, de acordo cos datos da Consellería de Sanidade, que concretou que dúas das vítimas eran usuarias da residencia de maiores do Incio.

Trátase de dúas mulleres de 94 e 86 anos que, aínda que procedían do centro xeriátrico, atopábanse ingresadas no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo. Con estas, son nove as mortes relacionadas co brote da residencia, que tivo que ser intervida pola Xunta e que supera o centenar de afectados.
Ademais, informouse da morte dun home de 84 anos que estaba tamén ingresado no HULA e doutro home, de 82 anos, que se atopaba hospitalizado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). En todos os casos, indican as mesmas fontes, as persoas falecidas presentaban patoloxías previas.
As mortes con COVID-19 subiron nas últimas semanas, co aumento dos brotes e os contaxios na Comunidade galega. Desde a ‘nova normalidade’ notificáronse un total de 29 decesos, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense.
+ posts

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Taboada tras arrasar 55,85 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido este sábado o incendio forestal de...

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...