InicioLugo e contornaLugoDetectan 13 casos relacionados cun pub en Lugo

Detectan 13 casos relacionados cun pub en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de positivos por COVID-19 no brote rexistrado nun edificio en Monforte de Lemos  incrementouse en 11, polo que o total ascende este domingo a 58. Ademais, fontes da área sanitaria confirmaron que hai 13 persoas contaxiadas relacionadas cun pub na cidade de Lugo.

Neste novo brote, cuxo orixe podería ser un local de lecer nocturno da capital lucense, detectáronse casos ao longo da semana, ata os 13 confirmados na actualidade, e continúan os labores de rastrexo de contactos.

O lecer nocturno permanece pechado na comunidade desde a medianoite do pasado 16 de agosto, dentro das medidas pactadas entre as comunidades autónomas e o Goberno central para tratar de conter os contaxios.

No caso de Monforte, na xornada deste sábado realizáronse 90 PCR a persoas relacionadas co edificio no que se declarou o brote, que permitiron detectar 11 casos novos, que se suman aos 47 que constaban ata onte, precisaron as mesmas fontes.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...