InicioSociedadeAlerta amarela no centro e sur da provincia por altas temperaturas

Alerta amarela no centro e sur da provincia por altas temperaturas

As temperaturas poden acadar os 36º.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As catro provincias galegas terán este xoves avisos amarelos por temperaturas máximas superiores aos 34 graos centígrados, mentres que na zona do Miño en Ourense será laranxa por valores de máis de 39ºC. No sur e centro de Lugo chegarán aos 36º.

Así consta no Boletín de avisos meteorolóxicos de Meteogalicia, recollido por Europa Press, que detalla que este xoves Galicia continúa baixo os efectos da entrada dunha masa de aire cálido que traerá temperaturas moi elevadas.

En concreto, entre as 15,00 e as 21,00 horas deste xoves o aviso será laranxa na zona do Miño en Ourense por temperaturas máximas superiores aos 39 graos centígrados.

Mentres, no mesmo período o aviso será amarelo no sur e noroeste de Ourense, así como en Valdeorras, sur e centro da provincia de Lugo por temperaturas máximas superiores aos 36 graos centígrados.

Así mesmo, entre as 15,00 e as 21,00 horas está previsto aviso amarelo no interior da provincia da Coruña e na zona do Miño na de Pontevedra por temperaturas máximas superiores aos 34ºC.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...