Home A Ulloa A orquestra Panorama cancela a súa xira deste verán 2020

A orquestra Panorama cancela a súa xira deste verán 2020

0
A orquestra Panorama cancela a súa xira deste verán 2020
Orquestra Panorama | ALX

Menos dunha semana despois de que o Goberno galego anunciase que as verbenas populares poderían regresar a partir do 1 de xullo, e o día despois de que avanzase a creación dun protocolo na materia, unha das orquestras máis recoñecidas de Galicia, a Panorama, anunciou este mércores que cancela a súa xira 2020. Alega, entre outras cuestións, a “imposibilidade” de adaptar o seu espectáculo ás condicións da nova normalidade.

A formación indica que, por seguridade, prefiren non arriscarse a provocar “aglomeracións” derivadas das súas actuacións e avanzan que, tras as últimas cancelacións de comisións de festas, “resulta totalmente imposible realizar a xira con menos de 15 actuacións”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here