InicioSociedadeA Xunta atrasa ata xullo a apertura de bares nocturnos e discotecas

A Xunta atrasa ata xullo a apertura de bares nocturnos e discotecas

O Goberno galego considera que o funcionamento de establecementos de lecer nocturno "non procede por agora" a pesar de que en principio estaría permitido ao entrar na fase 3.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo uso este luns da súa capacidade como autoridade competente delegada para asinar un decreto polo cal apraza ata o mes de xullo a apertura de discotecas e establecementos de lecer nocturno na comunidade.

Fíxoo tras unha reunión inderdepartamental na que a Consellería de Sanidade expuxo un informe relativo a esta cuestión. A decisión supón aprazar unhas semanas a apertura deste tipo de establecementos, cuxo funcionamento estaría permitido polo proceso de desescalada xa desde a fase tres, na que Galicia entrou este luns.

Con todo, en opinión do Goberno galego, o funcionamento destes locais “non procede por agora”, senón que consideran “preferible esperar” a que “se poida avaliar o resultado do levantamento doutras restricións”, como o libre tránsito entre as catro provincias galegas, que tamén se permite desde este luns.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...