InicioSociedadeA xustiza observa "fraude" na situación de 167 falsos autónomos do matadoiro...

A xustiza observa “fraude” na situación de 167 falsos autónomos do matadoiro de Castro de Rei

O fallo chega tan só unhas semanas despois de que se emitira outro no mesmo sentido contra Servicarne.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado do social número dous de Lugo declarou a existencia de relación laboral entre un matadoiro de aves e coellos en Castro de Rei —SADA P.A. Castela Galicia— e 167 falsos autónomos de Servicarne. Contra este fallo do 19 de maio, ao que tivo acceso Europa Press, cabe presentar recurso na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Nos feitos probados figura que nunha visita de inspectora ao matadoiro constatouse “a inexistencia da realidade da cooperativa Servicarne” ao non contar cos elementos configuradores deste tipo de sociedade como “carencia de estrutura propia”.  Así, identifica “unha fraude de lei” coa inexistencia de contrato de prestación de servizo entre a falsa cooperativa Servicarne e o matadoiro.

NOVAFRIGSA

Este fallo prodúcese tan só unhas semanas despois de que o Xulgado do Social Número 3 de Lugo tamén declarou a existencia de relación laboral entre máis de 250 falsos autónomos de Servicarne e Novafrigsa, que traballaban en matadoiros desta filial de Coren.

VALORACIÓN DE SINDICATOS

A decisión do xulgado foi acollida con gusto por Comisións Obreiras, que destaca nun comunicado que o fallo se sustenta nas argumentacións do servizo xurídico do sindicato durante o xuízo para demostrar “a armazón que SADA e Servicarne utilizaban para obter man de obra barata e con escasos dereitos laborais”.

Así mesmo, enmarca este fallo na campaña iniciada por CC.OO. hai máis de dous anos por todo o Estado, coa que se conseguiu que o Ministerio de Industria lle retirase a condición de cooperativa a esta empresa, así como a regularización de centos de falsos autónomos.

Pola súa banda, a CIG valora este “novo revés contra a fraude masiva” na contratación a través da falsa cooperativa, nunha sentenza que “rexeita de maneira contundente todos e cada un dos argumentos esgrimidos” tanto por SADA como por Servicarne. Neste sentido, a CIG aplaude este fallo tras os “anos” de denuncias por esta situación de “rebaixa dos dereitos salariais, laborais e de cobertura doutras prestacións”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...