InicioA UlloaA provincia perde votantes mozos respecto da cita electoral prevista para o...

A provincia perde votantes mozos respecto da cita electoral prevista para o 5-A

A rapazada entre os 18 e 24 anos conforma o grupo de idade con menos presenza entre os electores. Son maioría as persoas entre 55 e 59 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 78.503 mozos e mozas poderán votar por primeira vez nunhas eleccións galegas desde as celebradas o 25 de setembro de 2016. Son apenas 13.628 máis que na cita das xerais que tivo lugar o 10 de novembro de 2019, un dato, o da mocidade, que volve pór de relevo a situación demográfica galega.

De feito, os mozos e mozas de 18 e 19 anos chamados ás urnas son apenas 41.555, moi superados por aqueles que teñen 85 e máis anos, que suman 140.766 persoas. Pero se tomamos como referencia as dúas primeiras franxas de idade e as dúas últimas que contemplan as táboas do Instituto Nacional de Estatística (INE), os chamados a votar maiores de 80 anos son 100.779 persoas máis que mozas de entre 18 e 24 anos.

LUGO

En Lugo, o colectivo de idade máis numeroso é o que ten entre 55 e 59 anos, con 24.565 votantes; seguido dos que contan entre 50 e 54 anos, con 24.163 electores. Pero basta con ir ao terceiro posto para ver que os maiores de 85 anos conforman o colectivo que aglutina máis electores, con 23.701, despois dos dous mencionados.

O número de mozos e mozas con 18 ou 19 anos é de apenas 4.219, mentres que entre 20 e 24 anos, teñen dereito a voto 10.699 persoas. Son, de feito, os grupos de idade con menos números de votantes na provincia, dous colectivos que, fronte á cita prevista para o 5 de abril, caeron en número de persoas con dereito a voto.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...