InicioSociedadeO Concello de Lugo levará a pleno en xullo o 5% do...

O Concello de Lugo levará a pleno en xullo o 5% do PXOM pendente de aprobación

Agardan que os trámites rematen antes de finais deste 2020.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo anunciou este luns que o cinco por cento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) chega á súa fase final e aposta por aprobalo en pleno no mes de xullo.

Tras este requisito só faltaría o beneplácito da Xunta de Galicia para terminar coa ordenación urbanística do Concello lucense. Nunha rolda de prensa telemática, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do concelleiro de Urbanismo, Miguel Couto, afirmaron que “a documentación técnica elaborada permitirá seguir coa folla de ruta marcada”. Así, ratificaron o obxectivo de “levar a fase final do plan para a súa aprobación inicial”.

Para poder ter aprobado o 100% do plan urbanístico é necesaria a autorización da Xunta de Galicia, aínda que o proceso, segundo sinalou Lara Méndez, non debería alongarse moito no tempo. “Os prazos administrativos non son moi longos”, afirmou, polo que no Consistorio esperan que “este mesmo” poidan “anunciar” que xa teñen “a totalidade do plan aprobado”, afirmou a rexedora.

Esta fase final do plan urbanístico servirá, sostivo a alcaldesa da cidade lucense, para “encarar xa o camiño final para activar zonas de Lugo que a día de hoxe só poden rexerse polo plan anterior”. Iso supón, matizou a rexedora, “limitacións á hora de outorgar licenzas para novas edificacións”, sobre todo na zona rural.

Así mesmo, o concelleiro de Urbanismo e a alcaldesa lembraron que foi a Xunta de Galicia a que deixou parte do plan de ordenación municipal sen aprobar ata en dúas ocasións.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...