InicioSociedadeA Deputación de Lugo únese á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes

A Deputación de Lugo únese á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes

Esta iniciativa, que xa agrupa máis dun centenar de destinos, trata de sentar as bases para darlle un pulo ao turismo logo da COVID-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo incorporouse este mércores á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (DTI), a iniciativa posta en marcha polo Goberno de España para consolidar a competitividade do sector turístico.

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo celebrou este mércores a Comisión Executiva da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, onde se expuxeron as principais liñas de acción do Plan de Recuperación do Turismo que está a desenvolver o Ministerio para paliar o impacto da COVID-19 no sector.

Neste sentido, está a traballarse para mellorar e adaptar a metodoloxía de Diagnóstico de Destinos Turísticos Intelixentes e as recomendacións do Plan de Acción, co obxectivo de incorporar cuestións vinculadas á situación sobrevinda, como futuras accións de comunicación, reposicionamento en mercados ou apoio ao emprego.

Así mesmo, está a deseñarse un plan de formación e capacitación para os seus membros -centrado en ferramentas dixitais, cuestións de hixiene, análise de segmentos e capacidades analítica– que permita reforzar capacidades na contorna post coronavirus. Durante as últimas semanas creouse unha canle “Rede DTI covid-19” en Padlet para compartir información e boas prácticas, organizado webinarios e tutoriales, entre outras accións.

En Comisión Executiva incorporáronse outros 16 novos destinos, co que o número de membros da rede elévase a 121.

+ posts

ÚLTIMAS

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...

Homenaxe á exalcaldesa de Lugo Paula Alvarellos cunha estatua na Praza Maior

A cidade de Lugo homenaxeou á exalcaldesa Paula Alvarellos co descubrimento dunha estatua na...

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...