InicioSociedadeAs residencias, sobre as visitas dos familiares: "Sería imposible abrir o luns,...

As residencias, sobre as visitas dos familiares: “Sería imposible abrir o luns, cometeriamos erros”

A Xunta, que culpou o Goberno central de frustrar as visitas a centros de maiores, non enviou o protocolo de actuación ata este domingo 17 de maio, un día antes do suposto inicio desta nova medida de desescalada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xunta de Galicia enviou na mañá do domingo 17 de maio, un día antes do anunciado comezo das visitas nas residencias, o último borrador do protocolo de actuación para organizar a entrada dos familiares. As direccións dos xeriátricos da Mariña Lucense advertiran o pasado venres, horas despois de anunciar a apertura o presidente do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóoque non estaban preparadas para canalizar o acceso dos parentes ante a necesidade de adaptar os servizos e reforzar a seguridade para evitar contaxios.

O responsable do Executivo galego responsabilizou o Goberno central de frustrar esta medida, ao non autorizala ata a fase 2 do plan de desescalada, pero ao longo dos últimos días a Consellería de Política Social non especificou en ningún momento aos directores que centros de maiores se poderían acoller a esta posibilidade (uns 80 na provincia de Lugo). De feito, enteráronse pola prensa desta cuestión e recibiron a primeira comunicación oficial na madrugada do sábado.

Desde a residencia de Foz explican que, antes de iniciar a desescalada de cara ao exterior, “nós aínda estamos facendo o desconfinamento dentro, baixando a xente da primeira planta, non imos meter as familias sen ter organizado dentro. Estamos estudando como facer as cousas, tal e como temos o persoal e os usuarios, sería imposible abrir o luns, cometeriamos erros”, sinala a directora, Fátima Fernández.

Podes ler toda a información no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...