InicioSociedadeO turismo pon os ollos no verán: "Por saúde mental, a xente...

O turismo pon os ollos no verán: “Por saúde mental, a xente quere saír si ou si”

O sector galego rexistra reservas sobre todo en agosto e móstrase "optimista" ante a posibilidade de "salvar un pouco a tempada". Gañará moito peso o turismo rural, de corte nacional e familiar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Veranear en Galicia parece unha posibilidade menos afastada conforme van pasando as semanas. Os datos así o testemuñan: os hoteis, pensións, hostais, casas rurais e apartamentos turísticos galegos rexistran xa reservas de cara, sobre todo, ao mes de agosto, ademais de xullo e setembro, unha opción “optimista” pola que se decanta un turismo de corte nacional e familiar que mantén estes plans por “saúde psicolóxica”.

“Por saúde mental, a xente quere saír si ou si, nótase”, son as palabras da presidenta da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga), Dulcinea Aguín, que estes días reciben, ademais de reservas, “moitas consultas”, e que se atreve a mostrarse “optimista” cos resultados deste verán marcado pola crise da COVID-19. “Sabemos que non vai ser unha tempada como as anteriores pero, se nos serve para salvar un pouquiño a tempada e cubrir gastos, teriámosnos que dar por satisfeitos”.

O viaxeiro que copa as reservas de verán este ano en Galicia, por cuestións evidentes, é nacional, sobre todo galego e de comunidades limítrofes, así como de Madrid. Ademais, a presidenta de Aviturga detecta un cambio no tipo de viaxes. “O ano pasado había reservas de catro ou cinco días, este ano detectamos reservas de 15 días. A xente prefire estar máis tempo fixa nun só sitio e non ir cambiando”, apunta.

O TURISMO RURAL

Tamén desde o Clúster Turismo de Galicia recoñecen que se constatou unha reactivación nas reservas das zonas turísticas de cara aos meses de xullo e, sobre todo, agosto, un panorama no que se ven favorecidas as casas rurais e as áreas de sol e praia.

Así, segundo indicaron a Europa Press, as reservas para o verán detéctanse sobre todo en zonas como a Ribeira Sacra, as zonas de praia de Pontevedra, como Sanxenxo, ou Santiago de Compostela, onde “moitos establecementos hoteleiros teñen aberta a posibilidade de reserva para esas datas”.

A situación permite ser optimistas especialmente no caso do turismo rural, cuxos establecementos “consideran que poderán remontar a tempada” ao reunir condicións “adecuadas” para unha estancia cumprindo as condicións da nova normalidade e a prevención do coronavirus.  “Aínda é pronto para saber se os viaxeiros van responder, pero as sensacións son máis positivas que as que existían hai unhas semanas“, explican desde o Clúster e as asociacións de hostalaría.

Podes ler toda a información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...