InicioSociedadeOs bares piden axuda aos municipios: cero taxas, máis espazo para as...

Os bares piden axuda aos municipios: cero taxas, máis espazo para as terrazas e ampliación de horario

A APEHL pide a colaboración de todas as administracións para facilitar a reapertura dos locais hostaleiros e poder, así, manter os mesmos empregos ca antes da crise.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL) solicitou aos 67 concellos da provincia que fagan súa unha batería de medidas para que a volta á actividade dos establecementos de hostalería sexa “viable” e, desa forma, “manter os empregos que había antes do 14 de marzo”.

“Aínda que cada vez está máis preto a apertura dos negocios de hostalería, esta non será nas mesmas condicións de hai dous meses”, indica o presidente da APEHL, Cheché Real. “Un dos nosos obxectivos é manter os empregos que había antes do 14 de marzo, xa que detrás dos establecementos tamén hai familias que necesitan que se volva aos postos de traballo”, engadiu.

En todo caso, tamén precisou que “para que isto sexa unha realidade necesitamos a colaboración e implicación de todas as administracións”. Entre outras medidas, os hostaleiros lucenses pídenlles aos concellos que “todas as taxas e impostos municipais vinculadas cos establecementos de hostalería sexan 0″, ademais de solicitar unha moratoria no pago do IBI durante o 2021.

Ademais, reclaman a “posibilidade de utilizar máis espazos en terrazas, onde nunca se valoraron poñelas, para favorecer o mantemento do emprego”, así como a ampliación de horario en bares, restaurantes e terrazas”. Outra das medidas que piden os hostaleiros pasa por “facilitar a colocación de mesas altas ou barrís nas fachadas daqueles que teñen menos espazo na vía pública”, ademais de “peonalizar rúas para poñer e ampliar veladores”.

Piden, por outra banda, “facilitar a xestión e trámites de terrazas, para a súa concesión”, ademais de “lanzar liñas de axudas directas aos sectores máis castigados, como é a hostalería e o turismo”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...