O tráfico da Rolda da Muralla, restrinxido a un só carril para facilitar os paseos

Este percorrido é un dos máis empregados polos lucenses para practicar deporte ou pasear durante estas primeiras saídas, polo que agora disporán de maior espazo para garantir a distancia de seguridade.

Rolda da Muralla, en Lugo | Google Maps

O Concello de Lugo pechará ao tráfico un carril da Rolda da Muralla debido ao elevado número de persoas que estes días utilizan esta zona para pasear. 

Segundo o tenente de alcalde e responsable da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, esta medida pretende “facilitar que as persoas que deciden pasear pola Rolda poidan manter a distancia de seguridade, ao habilitar un novo paseo peonil de 2’5 quilómetros no centro de Lugo“.

Arroxo sinala que a Rolda da Muralla foi un dos percorridos máis utilizados para practicar deporte ou pasear durante estes primeiros días de saídas controladas. Ademais, afirmou que “a peonalización dun carril non producirá conxestión no tráfico debido á redución do mesmo”.

Do mesmo xeito, o Concello lembra a recomendación de camiñar pola Muralla no mesmo sentido ca o tráfico ou respectar a medida de pasear pola beirarrúa dereita, co gallo de garantir as distancias de seguridade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here