InicioSociedadeA Deputación de Lugo activa unha aplicación para coñecer as distancias da...

A Deputación de Lugo activa unha aplicación para coñecer as distancias da desescalada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo activou a aplicación ‘Mide a túa saída‘ para calcular a distancia que se pode percorrer na desescalada, segundo informa. Sobre esta ferramenta, “moi fácil de usar”, permite ao cidadán pescudar cal é o límite exacto ata o que pode chegar desde a súa casa cumprindo coas normas fixadas polas autoridades para saír cos nenos, dar paseos ou desprazarse a hortas de autoconsumo.

É gratuíta e pódese usar en todos os dispositivos electrónicos, aínda que se recomenda a súa utilización en teléfonos móbiles ou tablets para poder consultar en tempo real se o usuario está próximo á fronteira permitida para o desprazamento”.

Ademais, explica que, para o seu uso, “só é necesario que se active a localización no dispositivo e se lle dea permiso á web para acceder esta información”. “Desta maneira, ‘Mide a túa saída’ procede ao cálculo do perímetro, quedando rexistrada a posición inicial do usuario como punto de referencia, que debe ser o lugar no que se reside”.

“A partir de aí, mostra un mapa que sinala cunha cor vermella e o radio dun quilómetro ou de cinco quilómetros, en función da actividade que se desexe desenvolver, saír cos nenos, dar un paseo ou desprazarse ás hortas de autoconsumo”.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, do que depende o servizo de Novas Tecnoloxías, que desenvolveu a aplicación, explica que “o que se pretende é facilitarlle á xente o proceso da desescalada e que poida saber a golpe de click ata que punto máximo pódese mover”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...