InicioSociedadeDetida unha muller por malos tratos á súa nai e padrasto en...

Detida unha muller por malos tratos á súa nai e padrasto en Lugo

O home asegurou que chegou a propinarlle un "forte golpe no peito", condutas que supostamente repite a diario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detiveron na tarde do sábado a unha muller duns 34 anos de idade como presunta autora dun delito de violencia no ámbito familiar por malos tratos á súa nai.

Segundo informou a Policía Local, a detención levouse a cabo sobre as 19:45 horas do pasado sábado 18 de abril nunha vivenda na Avenida da Coruña. Axentes acudiron ao lugar tras recibir o aviso de posibles malos tratos. Ao acceder ao interior da vivenda o padrasto da moza manifestou que durante todo o día levaba ameazándoos con agredilos, tanto a el como á súa nai.

O home asegurou que chegou a propinarlle un “forte golpe no peito”, condutas que se repiten a diario, segundo manifestou o padrasto.

Por iso, os axentes procederon á detención desta nova, que foi trasladada a dependencias policiais para instruír as dilixencias remitidas ao xulgado competente nesta materia.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...