InicioSociedadeSegue a estabilización da pandemia en Lugo, con menos pacientes na Uci

Segue a estabilización da pandemia en Lugo, con menos pacientes na Uci

A provincia rexistrou 590 casos activos por coronavirus, un menos ca na xornada anterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos que ofrece Sanidade en relación aos casos activos por coronavirus na provincia de Lugo afianzan a tendencia á estabilización da pandemia. Segundo a última actualización, a área sanitaria rexistra 590 positivos, un menos ca na xornada de onte. Asemade, contabilízanse menos doentes de COVID-19 ingresados nas UCI.

O pasado luns eran doce as persoas que estaban a ser atendidas nas Unidades de Coidados Intensivos da provincia, pero tras dúas altas na Mariña e outra no HULA agora xa só hai nove pacientes graves. Estas persoas pasarían agora a engrosar as listas de persoas hospitalizadas en planta, un total de 43 (catro máis ca onte).

Por outra banda, o Sergas tamén informa de que hai 538 persoas contaxiadas baixo atención domiciliaria.

Ademais, nas últimas horas déronse tres novas altas, de maneira que xa se confirma a recuperación de 103 persoas que pasaron polo coronavirus na provincia. Na outra cara de moeda, foron 20 os doentes finados por esta enfermidade, sen que houbera ningunha morte nos últimos dous días.

GALICIA

Á súa vez, na comunidade galega xa se contan 1.240 altas (54 máis ca o luns), mentres que o número de positivos aumenta ata os 5.973 (+34). Isto supón un incremento do 0,5% respecto do día anterior. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Rede Museística Provincial, un modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto da...

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

BNG de Lugo di que os orzamentos da Xunta mostran “falta de proxectos”

A deputada do BNG por Lugo Olalla Rodil asegurou que os orzamentos da Xunta...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...