InicioSociedade"Incomunicados" en pleno confinamento ao levar "varias semanas" sen Internet nin teléfono

“Incomunicados” en pleno confinamento ao levar “varias semanas” sen Internet nin teléfono

Vintedúas familias de dúas aldeas de Mondoñedo padecen dificultades para seguir o curso, facer trámites ou falar cos seres queridos. Temen problemas de ter que comunicar unha emerxencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Familias das aldeas de Estelo e Tronceda, no municipio de Mondoñedo, denuncian que levan “semanas incomunicadas” ao estar sen rede de telefonía fixa e móbil nin conexión a Internet, unha situación que se vén repetindo “desde hai alomenos catro anos”. Coas restriccións á mobilidade incluídas no estado de alarma decretado polo coronavirus, esta carencia dificulta aos estudantes seguir o curso telematicamente, aos gandeiros facer trámites a través da rede, e á veciñanza en xeral poder manterse en contacto cos seus seres queridos. “O máis grave é que non podes chamar ao médico se hai unha emerxencia”, lamentan.

Unha das veciñas explica que esta área de Mondoñedo, con dúas aldeas practicamente pegadas nas que viven un total de 22 familias, sofre constantes avarías no servizo sen que a empresa, Movistar, actúe durante semanas. En novembro do 2018, despois do temporal, o BNG de Mondoñedo denunciaba que a veciñanza levaba “15 días” sen telefonía fixa nin móbil e tampouco Internet. Daquela, salienta esta veciña, a subministradora devolveu un importe de 35 euros polo tempo que estiveron sen cobertura. En abril de 2019 volveron encadear varios días sen subministro.

A raíz das denuncias dos veciños, o Concello de Mondoñedo pediu unha subvención para a instalación dunha torreta e a renovación do cableado. Unha obra que os veciños non esixen de inmediato, pero piden alomenos que se faga “un mantemento axeitado” das actuais instalacións.

RECIBIR CORREOS CON TRES DÍAS DE RETRASO

A veciña de Estelo que se puxo en contacto co Xornal da Mariña enumera as dificultades que provoca a carencia de cobertura para unha aldea galega, en plena emerxencia sanitaria e tamén en pleno século XXI. “Os escolares non poden facer as tarefas porque a orde dos colexios chégalles con dous ou tres días de retraso, e cando teñen que mandar o traballo feito é outra odisea”, explica. Ademais, hai persoas “que están a realizar estudos universitarios a distancia”, con problemas para seguir o curso.

Por outra banda, toda unha serie de trámites quedan pendentes. Nunha zona con peso do sector agrogandeiro, complícase “tramitar as solicitudes de axudas da Política Agraria Común (PAC), entrar na oficina virtual de Medio Rural ou simplemente descargar duplicados dos contratos cando os gandeiros venden animais”, expón a mindoniense, que salienta que “funcionar a través da banca electrónica é imposible. Ademais, xa está aberto o prazo para a declaración da renta“, lembra.

Podes ler a reportaxe completa, escrita por Ramón González Rey, no Xornal da Mariña.

Dúas aldeas de Mondoñedo levan “semanas” sen teléfono e internet en pleno confinamento

ÚLTIMAS

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...

Obras de rehabilitación en ligazóns da A-6 e A-8 en Begonte provocarán cortes de circulación durante tres semanas

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este xoves, 21 de novembro, as obras...

Un lucense gaña 2,6 millóns co Eurojackpot da ONCE

Un veciño da provincia de Lugo gañou 2,6 millóns de euros co Eurojackpot do...