InicioSociedadeLugo acumula máis de sesenta propostas de sanción por incumprimento das restriccións

Lugo acumula máis de sesenta propostas de sanción por incumprimento das restriccións

Das sete grandes cidades de Galicia, a capital lucense é a que menos sancións recolle.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo acumula 64 propostas de sanción ata o día 25 de marzo. Todas elas por incumprimento das medias de resticción e confinamento ditadas polo Goberno. Das sete grandes cidades de Galicia, a capital lucense é a que menos sancións recolle.

En total, as policías municipais das principais cidades de Galicia tramitaron, desde que se decretou o estado de alarma e estableceuse a obrigación de confinamento domiciliario, 1.112 denuncias desde o 16 de marzo. As denuncias tramitáronse por transitar pola vía pública sen causa xustificada, por viaxar en coches máis dunha persoa, ou por manter abertos establecementos que non se contemplan como esenciais no Real Decreto do estado de alarma.

As cidades de Ourense e Vigo encabezan o ‘ranking’ de denuncias, con 355 e 256 propostas de sanción respectivamente (tramitadas ata o 27 de marzo á primeira hora), mentres que a Policía Local de Ferrol tramitou 135 denuncias.

Séguenlle, por denuncias no mesmo período, A Coruña, con 118; Pontevedra, con 114 (ata o 27 de marzo); Santiago con 70 denuncias.

A todas estas denuncias hai que sumar as tramitadas por outros corpos de seguridade como Policía Nacional, Garda Civil e Policía Naval, do Corpo de Infantaría de Mariña (no caso de Ferrol). Segundo datos da Delegación do Goberno, só na primeira semana do estado de alarma, do 16 ao 22 de marzo, producíronse en Galicia 42 detencións e realizáronse 3.384 propostas de sanción por parte de todos os corpos policiais.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...