InicioSociedadeAs farmacias de Lugo piden calma á hora de mercar medicamentos: "Non...

As farmacias de Lugo piden calma á hora de mercar medicamentos: “Non hai desabastecemento”

O presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos explica que o que empeza a escasear son as máscaras, solucións hidroalcólicas e luvas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, Alejandro Sánchez Pérez-Mel, chamou aos cidadáns a non facer “provisión” desmedida de medicamentos, porque “non vai ser necesario” ao estar as 183 farmacias da provincia “abastecidas e funcionando”. Avisaron de que o que empeza a escasear son as máscaras, as solucións hidroalcohólicas e as luvas.

Con todo, Pérez-Mel subliñou este mércores que “non hai ningún problema de desabastecemento de medicamentos” e asegurou que a situación “é normal”. Por iso, insistiu en pedir á xente “que non trate de amorear medicamentos” sen ton nin son.

QUE MEDIDAS SEGUIR NAS FARMACIAS?

Ademais, aproveitou para pedir á poboación que siga as recomendacións, como a separación dun metro ou metro e medio ou esperar fóra dos establecementos ata seren atendidos, xa que no interior “hai moita xente”. “Realmente estamos a ter un comportamento excepcional por parte da poboación, que está totalmente concienciada”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...